FAQ E CONTACTO

FAQ

QUe é A AETI?

A proposta de crear a Asociación de Estudantes de Tradución e Interpretación (AETI) xorde durante o Encontro Nacional de Estudantes de TeI (ENETI), celebrado en abril de 2012 en Córdoba. Esta asociación pretende unir a tódolos estudantes de TeI das facultades de España cunha serie de obxectivos, entre os cales atópanse defender os nosos dereitos, fomentar o diálogo entre os estudantes e asegurar a celebración do ENETI así como doutras actividades importantes para a nosa formación.

QUeN PoDE SER SOCIO?

Poderán asociarse á AETI tódolos estudantes de España, có único requisito de encontrarse cursando no momento de asociarse un estudio de carácter universitario conducente á consecución de un grado, licenciatura ou máster/posgrao en TeI. Unha vez terminado o período de estudio, existe un ano de prórroga de afiliación á asociación para poder seguir gozando das súas vantaxes.

Consulta a sección Faiche socio.

POR QUe DEBERÍA AFILIARME?

Se estás de acordo cos nosos obxectivos, seguramente interésache unirte á AETI. A unión fai a forza e, sobre todo nos tempos que corren, é necesario que permanezamos unidos para defender os nosos intereses e apostar por melloras nas nosa situación. Afiliarte á AETI permitirache participar no diálogo, aportar os teus argumentos e beneficiarte das decisións e actividades que levemos a cabo.

CoMO PoDO MANTENERME INFORMADO?

Consulta a sección de Contacto, onde poderás atopar os nosos perfiles nas redes sociais.

CoMO PoDO COLABORAR COA ASOCIACIÓN?

Ponte en contacto con nós e fainos saber que queres botar unha man. Seguro que tarde ou cedo vas facer falla.

CONTACTO

web aeti correo Correo electrónico

 contacto.aeti@gmail.com

web aeti twitter Twitter

@AETIoficial

web aeti facebook Facebook

 AETI

Direccións de correo da Xunta Directiva

Contas das comisións da AETI

Dirección de correo postal

Asociación Española Universitaria de Tradutores e Intérpretes en Formación
Campus Universitario “Duques de Soria” C/ Universidad S/N 42004 SORIA