O ENETI

QUe é o ENETI?

O ENETI é o Encontro Nacional de Estudantes de Tradución e Interpretación. Este congreso sen ánimo de lucro celébrase nunha universidade distinta cada ano entre as que imparten estudos de Tradución e Interpretación en España. O XIV ENETI terá lugar na Universidad do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitateade, o 27 e 28 de abril.

Recordamos a todos que a AETI non é a responsable da organización do evento, e que a súa misión é unicamente a de velar pola súa celebración, sen participar no proceso de selección dos relatorios.

A QUeN VA DIRIxIDO?

O ENETI é un foro especialmente dirixido a tódolos estudantes de Tradución e Interpretación que tamén acolle a profesorado, asociacións e profesionais do sector. Sempre conta con representación de facultades de toda España.

QUe OBxecTIVO TEN?

O seu obxectivo principal é servir como punto de encontro entre estudantes de Tradución e Interpretación de toda España, así como tamén ser unha plataforma de diálogo con profesionais e asociacións do sector. As conferencias, mesas redondas e actividades do ENETI teñen tamén un marcado carácter didáctico e formativo.

É tamén uno dos encontros clave para AETI, a Asociación Española Universitaria de Tradutores e Intérpretes en Formación. No ENETI vótase a xunta directiva que tomará o relevo da asociación ese ano.

CoMO SE CONSeGUE?

A organización de este evento faise, ano tras ano, grazas ó traballo voluntario dos propios estudantes. O ENETI é o froito de este esforzo e, por iso, a súa filosofía céntrase en beneficiar ó estudante.