OUTRAS ASOCIACIÓS QUE CHE PODEN INTERESAR
Posiblemente, durante a carreira ou cando a termines, quererás formar parte dalgunha asociación de profesionais da tradución. Por iso, recollemos información sobre unhas cantas asociacións relacionadas co mundo da tradución e da interpretación. Así, poderás escoler con máis información cal é a asociación que máis se adapta aos teus intereses ou necesidades. Lembra tamén botarlle unha ollada á Red Vértice, a rede de asociacións de profesionais da tradución, da interpretación e da corrección con presenza en España.
ACEC | secretaria@acec-web.org | Nesta asociación intégranse os tradutores de libros, que traballan en defensa dos seus dereitos morais e patrimoniais. | |
ACEtt | lamorada@acett.org | Esta asociación defende os intereses dos tradutores de libros e promove iniciativas para mellorar a situación social e profesional dos tradutores, para fomentar o debate e a reflexión sobre a tradución e para divulgar a importancia cultural da figura do tradutor. | |
ACT | act@act.es | Asociación de ámbito español que agrupa empresas, axencias e centros de tradución. Persegue acordar criterios para regular o sector, mellorar a relación cos tradutores autónomos e dar a coñecer a profesión ao cliente. | |
AGPTI | info@agpti.org | Constitúe unha plataforma de traballo conxunto para os profesionais da tradución e da interpretación que exercen na Galiza con vistas a mellorar a súa presenza na sociedade, presentar oportunidades de formación continua e promover a profesión. | |
AICE | aice@aice-interpretes.com | Traballa en favor da máxima calidade e profesionalidade nos campos da interpretación simultánea e consecutiva. | |
AIETI | presidencia@aieti.net | Incentiva o estudo, a investigación, a docencia e o intercambio científico en torno aos campos da tradución e a interpretación. Promove os estudos de Tradución e Interpretación e fomenta a mellora constante da formación en beneficio da calidade da tradución e da interpretación profesional. | |
APTIC | secretaria@aptic.cat | Asociación catalá creada no ano 2009 que xorde da fusión das asociacións catalás TRIAC e ATIC. Organiza numerosas actividades de formación continua para tradutores e intérpretes. | |
ASATI | info@asati.es | Pretende fomentar a unión e a colaboración entre os tradutores e intérpretes de Aragón e actuar na súa representación, en todos os ámbitos. | |
ASETRAD | asetrad@asetrad.org | Agrupa, nas súas filas, tradutores, correctores e intérpretes de todos os idiomas e especialidades interesados en traballar colectivamente en favor da profesión e dos seus membros. | |
ATIJC | info@atijc.com | Asociación de Tradutores e Intérpretes Xurados de Cataluña. | |
CIUTI | Formulario na súa páxina web | Fomenta a investigación en tradución e interpretación e a mellora da formación de tradutores e intérpretes de todo o mundo, co obxectivo de avanzar no camiño da calidade na profesión | |
EIZIE | bulegoa@eizie.org | Asociación profesional de tradutores e intérpretes que traballa desde ou cara á lingua vasca. | |
TREMÉDICA | info@tremedica.org | Asociación profesional internacional xurdida como consecuencia do gran crecemento experimentado polo foro virtual MedTrad (Grupo de Medicina e Tradución). | |
Xarxa | info@xarxativ.es | Asociación independente de tradutores e intérpretes que vela pola defensa dos intereses dos profesionais da tradución e da interpretación da Comunidade Valenciana. | |
AMETI | ameti2008@gmail.com | Asociación que constitúe un punto de encontro para os estudantes de Tradución e Interpretación da Universidad de Murcia. | |
APTIJ | info@aptij.es | A Asociación Profesional de Tradutores e Intérpretes Xudiciais e Xurados (APTIJ) reúne os profesionais da tradución e da interpretación que actúan nos diferentes tribunais de España asistindo e auxiliando a Administración de Xustiza, así como os intérpretes e tradutores xurados nomeados polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación ou polas Comunidades autónomas con competencias na materia. | |
ATRAE | rrpp@atrae.org | Asociación cuxo obxectivo é velar polas necesidades e intereses dos tradutores audiovisuais, axustadores e audiodescritores de España. | |
UNICO | información@uniondecorrectores.org / administración@uniondecorrectores.org | É unha asociación de profesionais da corrección de textos fundada no 2005. Acolle correctores de estilo, correctores de probas e asesores lingüísticos que exercen este oficio profesionalmente. |