QUEN SOMOS?

AETI é a Asociación Española Universitaria de Tradutores e Intérpretes en Formación.

A proposta de crear esta asociación xorde durante o Encontro Nacional de Estudantes de TeI (ENETI) celebrado en abril do 2012 en Córdoba. A finalidade da asociación é, entre outras, fomentar a relación entre os estudantes de TeI de tódalas universidades de España, velar polos nosos propios intereses e, ademais, asegurar a celebración do ENETI así como de outras actividades importantes para a nosa formación.

Pero o importante é que a AETI é a única asociación formada integramente por e creada exclusivamente para estudantes de Tradución e Interpretación. A AETI é un punto de encontro no que centos de estudantes coas túas mesmas inquietudes e anhelos poden conversar, compartir opinións e propoñer e sacar adiante ideas e proxectos dos que beneficiarnos todos.

Se trata do froito do traballo de estudantes de tódalas universidades de España, e ti podes ser parte de este ilusionante proxecto.

O futuro é noso, súmate a el!