Historia
- Os inicios: da AELETI á AETI
- Primeiro ENETI e primeiros pasos cara á AELETI
- Liñas de traballo desenvolvidas
- O ENETI ata o 2009: Descrición do evento e características
- Implantación dos graos
Os inicios: da AELETI á AETI
En España, desde que se implantaron os estudos de Tradución e Interpretación nas diferentes universidades, existiron dúas asociacións de estudantes de Tradución e Interpretación no espazo estatal: unha xa inactiva, a AELETI, e a recentemente creada AETI, inspirada nos principios da anterior.
A AELETI, a pesar de non estar activa actualmente, aínda figura no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior como Asociación Española de Licenciados e Estudantes de Tradución e Interpretación; a AETI é a Asociación universitaria española de tradutores e intérpretes en formación. A principal diferenza entre ambas é a data en que xorden e o público a que van dirixidas. A continuación, realizaremos unha breve descrición de cada unha das asociacións, do seu ámbito de actuación, os seus fins e o seu público obxectivo para, máis adiante, realizarmos un percorrido desde o ano en que comeza a inactividade da AELETI ata o xurdimento da AETI no ENETI 2012, en Córdoba.
- A Asociación Española de Licenciados e Estudantes de Tradución e Interpretación (AELETI). A idea de crear unha asociación que agrupe os licenciados e estudantes de Tradución e Interpretación xorde no I ENETI, que tivo lugar en 2002. A asociación non se constituirá ata maio de 2003, durante o II ENETI celebrado en Málaga. Esta asociación permanecerá activa ata o verán de 2006.
- A Asociación Universitaria Española de Tradutores e Intérpretes en formación (AETI). Xorde no mesmo contexto que a anterior, é dicir, durante a organización do IX Encontro Nacional de Estudantes de Tradución e Interpretación (IX ENETI). Toma como precedente a AELETI, pero con varias diferenzas que levan á necesidade de cambiar de nome e de ámbito de actuación.
- Primeiro ENETI e primeiros pasos ata a AELETI
No primeiro ENETI comeza a se sentir a necesidade de camiñar cara á AELETI.