COMISIÓNS: O MOTOR DA AETI!
As comisións son o motor da AETI. Son as encargadas do funcionamento diario das redes sociais, da páxina web, dos carteis das actividades da AETI e de moito más.
Parécevos interesante? Mostrámosvos cales son e en que consisten!
AETI Solidaria
- Proxecto sen ánimo de lucro e centrado en axudar aqueles que máis o necesitan.
- Gaña experiencia traducindo á vez que botas unha man!
- Colabora con ONG humanitarias, organizacións de estudantes, protectoras de animais…
- O teu traballo é moi importante para nós!
Comisión de deseño
- Mostra os teus dotes artísticos como ilustrador!
- Mellora a túa habilidade como maquetador!
Comisión web/RRSS
- Convértete en todo un xestor web!
- Redacta, actualiza, localiza e mellora a nosa páxina!
- Axúdanos a preparar a nova web!
- Aprende a esgrimir o poder dun xestor de comunidades dixitais!
- Difunde todo o difundible nas redes sociais!
Comisión de información
- Documenta, redacta e maqueta o noso boletín!
- Explora a rede en busca de recursos e apáñaos todos!
Comisión editorial
- Estreamos revista! Seica TeInteresa?
- Aprende e colabora redactando artigos, facendo entrevistas, corrixindo todo o material, maquetando a revista…
Comisión de asesoría académica
- Recompila información sobre estudos, bolsas…
- Asesora os socios sobre as súas dúbidas e problemas
- Forma parte da xestión do Punto de Encontro Erasmus
Comisión de relacións exteriores
- Ponte en contacto cos extraterrestres,… digo, co resto de asociacións de estudantes a nivel mundial.
- Representa a AETI fora das nosas fronteiras