FAITE SOCIO

FAITE SOCIO!

A que esperas para te faceres socio da AETI? Se queres formar parte da maior comunidade de estudantes de Tradución e Interpretación e beneficiarte de descontos en empresas do sector, do boletín quincenal e de moito máis… SIGUE A LER!

Inscrición anual na AETI

O período de inscrición comeza en setembro de cada ano. Os alumnos de nova inscrición deberán pagar unha cota anual de 10 euros en setembro e realizarán a renovación da devandita cota en setembro do ano que vén.

Os socios que pagaren a cota en febreiro aboarán 5 euros, é dicir, a parte proporcional aos nove meses restantes ata setembro. En setembro xa realizarían a renovación como o resto de socios.

Que hai que facer para se inscribir?

Para realizar a inscrición, hai que encher o seguinte formulario que se encontra na seguinte ligazón.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Unha vez enviado o formulario, recibirás un correo de confirmación en que se che notificará que a solicitude foi completada correctamente. Coa maior brevidade posible, xestionarase a túa inscrición e daránseche as instrucións correspondentes para finalizares o proceso.

Que requisitos se precisan para se poder inscribir?

Poderán asociarse á AETI todos os estudantes do Estado Español que cumpran un ou varios dos seguintes requisitos:

  • Estaren cursando o Grao en Tradución e Interpretación.
  • Estaren cursando un Mestrado ou Posgrao relacionado coa tradución, coa interpretación ou coa investigación nestes ámbitos.

Unha vez terminado o período de estudo do grado, da licenciatura ou do mestrado, existe un ano de prórroga de afiliación á asociación para poder seguir a gozar das súas vantaxes.