FAQ E CONTACTO
FAQ
QUe é A AETI?
A proposta de crear a Asociación de Estudantes de Tradución e Interpretación (AETI) xorde durante o Encontro Nacional de Estudantes de TeI (ENETI), que tivo lugar en abril de 2012 en Córdoba. Esta asociación pretende unir os estudantes todos de TeI das facultades de España cunha serie de obxectivos, entre os cales está defender os nosos dereitos, fomentar o diálogo estudantil e asegurar a celebración do ENETI, así como a posta en marcha doutras actividades importantes para a nosa formación.
QUeN PoDE SER SOCIO?
Poderán asociarse á AETI todos os estudantes de España, co único requisito de estaren a cursar no momento de se asociaren un estudo de carácter universitario conducente á consecución dun grao, licenciatura ou mestrado/posgrao en TeI. Unha vez terminado o período de estudo, existe un ano de prórroga de afiliación á asociación para poder seguir gozando das súas vantaxes.
Consulta a sección Faite socio.
POR QUe me debería afiliar?
Se estás de acordo cos nosos obxectivos, seguramente che interesa unirte á AETI. A unión fai a forza e, sobre todo nos tempos que corren, é necesario que permanezamos unidos para defendermos os nosos intereses e apostarmos por melloras na nosa situación. Afiliarte á AETI permitirache participar no diálogo, achegar os teus argumentos e beneficiarte das decisións e actividades que levemos a cabo.
CoMO PoDO MANTERME INFORMADO?
Consulta a sección de Contacto, onde poderás encontrar os nosos perfiles nas redes sociais.
CoMO PoDO COLABORAR COA ASOCIACIÓN?
Ponte en contacto connosco e fainos saber que queres botar unha man. Seguro que, antes ou despois, habemos precisar de ti.
CONTACTO
Enderezo electrónico
Twitter
Facebook