O ENETI
o ENETI
QUe é o ENETI?
O ENETI é o Encontro Nacional de Estudantes de Tradución e Interpretación. Este congreso sen ánimo de lucro ten lugar anualmente nunha universidade distinta de entre as que imparten estudos de Tradución e Interpretación en España. O XIV ENETI terá lugar na Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea, o 27 e 28 de abril.
Lembramos que a AETI non é a responsable da organización do encontro, e que a súa misión é unicamente a de velar pola súa celebración, sen participar no proceso de selección dos relatorios.
A QUeN VAI DIRIxIDO?
O ENETI é un foro especialmente dirixido a todos os estudantes de Tradución e Interpretación que tamén acolle profesorado, asociacións e profesionais do sector. Sempre conta con representación de facultades de toda España.
QUe OBxecTIVO TEN?
O seu obxectivo principal é servir como punto de encontro entre estudantes de Tradución e Interpretación de toda España, así como tamén ser unha plataforma de diálogo con profesionais e asociacións do sector. As conferencias, mesas redondas e actividades do ENETI teñen tamén un marcado carácter didáctico e formativo.
É tamén un dos encontros chave para a AETI, a Asociación Española Universitaria de Tradutores e Intérpretes en Formación. No ENETI vótase a xunta directiva que tomará o relevo da asociación ese ano.
CoMO SE CONSeGUE?
A organización deste encontro faise, ano tras ano, grazas ao traballo voluntario dos propios estudantes. O ENETI é o froito deste esforzo e, por iso, a súa filosofía céntrase en beneficiar o estudante.