OBXECTIVOS

Artigo 2 dos estatutos da AETI

A AETI ten os seguintes obxectivos ou fins:

  1. Representar e defender os intereses e dereitos dos estudantes universitarios no ámbito da Tradución e a Interpretación.
  2. Contribuír á colaboración entre os estudantes das Facultades que impartan a titulación de Tradución e Interpretación de España e os estudantes das mesmas ensinanzas do resto do mundo.
  3. Velar, reivindicar e promover a mellora da calidade docente.
  4. Fomentar que se impartan cantas ensinanzas conduciren á formación integral dos estudantes das carreiras representadas.
  5. O estudo e a análise de todas e cada unha das cuestións que poidan afectar os estudantes das titulacións de Tradución e Interpretación, tanto en materia de estudos como no seu futuro profesional.
  6. O estudo e a análise dos réximes tarifarios que afectan os estudantes das titulacións de Tradución e Interpretación, en tanto que o seu futuro profesional.
  7. A promoción de actividades de formación continuada no ámbito da Tradución e da Interpretación.
  8. A oferta de servizo de bolsa de traballo no ámbito da Tradución e da Interpretación.