QUE É AETI?
A AETI é a Asociación Española Universitaria de Tradutores e Intérpretes en Formación. Aberta e independente, é unha asociación de estudantes destinada a canalizar e coordinar as propostas para a mellora das condicións e das capacidades dos estudantes universitarios e futuros profesionais da tradución e da interpretación.
Fundada en Córdoba durante o ENETI 2012, a asociación foi crecendo para estar presente en máis facultades e unir máis socios. Somos unha plataforma para estudantes proactivos con ganas de aproveitaren ao máximo o seu tempo como estudantes e como graduados. A túa opinión conta e, xuntos, podemos marcar a diferenza. Constrúe o teu futuro!
LÍñaS DE TRABAllO
Punto de encontro
AETI constitúe unha plataforma de unión entre os estudantes de TeI que enche o baleiro existente en España antes da súa creación. Busca fortalecer os lazos entre estudantes, sexan da universidade que foren, para consolidar novas amizades e futuros contactos profesionais. O ENETI é o noso principal encontro anual e a AETI vela pola súa celebración.
Foro de debate
Na AETI ti tes a palabra. Somos un espazo democrático en que intercambiar ideas e puntos de vista. Esa é unha característica de todas as nosas reunións e destaca nas nosas Asembleas, o principal órgano decisorio da AETI en que calquera socio pode participar.
Representación
AETI representa os estudantes de Tradución e Interpretación fronte a organismos importantes no noso ámbito como a CCDUTI (a Conferencia de Centros e Departamentos de Tradución e Interpretación do Estado Español) ou a Red Vértice, a rede española de asociacións de tradutores, intérpretes e correctores.
Crecemento persoal
É fundamental que os nosos socios teñan a oportunidade de aprenderen e de complementaren a súa formación. AETI promove que os socios se impliquen activamente na asociación e que os estudantes participen en actividades e iniciativas que os axuden a desenvolver as competencias que os preparen para o futuro, desde habilidades relacionadas coa TeI ata destrezas de comunicación, xestión e traballo en equipo.
Equipo de traballo
AETI é un grande equipo de estudantes de toda España que comparten motivación e obxectivos. Xuntos aprendemos, organizámonos e traballamos para facermos realidade as decisións que tomamos en conxunto e para facermos fronte ás complicacións que xurdiren.