QUEN SOMOS?

A AETI é a Asociación Española Universitaria de Tradutores e Intérpretes en Formación.

A proposta de crear esta asociación xorde durante o Encontro Nacional de Estudantes de TeI (ENETI), que tivo lugar en abril de 2012, en Córdoba. A finalidade da asociación é, entre outras, fomentar a relación entre os estudantes de TeI de todas as universidades de España, velar polos nosos propios intereses e, ademais, asegurar a celebración do ENETI, así como doutras actividades importantes para a nosa formación.

Pero o importante é que a AETI é a única asociación formada integramente por e creada exclusivamente para estudantes de Tradución e Interpretación. A AETI é un punto de encontro en que centos de estudantes coas túas mesmas inquietudes e anhelos poden conversar, compartir opinións e propor e sacar adiante ideas e proxectos para o beneficio común.

Trátase do froito do traballo de estudantes de todas as universidades de España, e ti podes ser parte deste proxecto ilusionante.

O futuro é noso, súmate a el!